sábado, 29 de marzo de 2014

Saída ós muíños do Paseo Urbano do Río Gafos


Este xoves e venres os de 2º fixeron unha saída lixeira (unha marcha con algunhas paradas) para ver os restos dos muíños que temos no paseo urbano do río "Ghafos" de Pontevedra. Un deles é o "Muíño do Meco",  neste puidemos ver algunhas partes do muíño, os burato do inferno, o pé da moa e a moa. No segundo, o "Muíño do Coto", vimos tamén os tres buratos do inferno (onde ía o rodicio), a canle, o canleiro, a biqueira Aproveitamos para ver algunhas plantas e árbores que hai nas beiras do río, como por exemplo, "O amor de home", a "Primavera", "O trompeteiro" (flor do morcego), o xigante "Alciprés".... Paramos nunha carballeira e vimos unha casa dun morcego e algunha caixa niño de paxaros. Falamos das enchentes do río.

Ningún comentario:

Publicar un comentario