domingo, 26 de maio de 2013

Caderno Verde

Caderno Verde é un proxecto desenvolvido por SOGAMA para a educación dun futuro sostíbel, entra e descubre boas prácticas que axuden a coidar da nosa contorna. 

Preme na icona para acceder aos cadernos.

Ideas para aforrar enerxía

E no capítulo 16 de Planeta Verde... concurso de ideas para aforrar enerxía!!

E ti, tes algunha outra?

luns, 20 de maio de 2013

Formigueiro 1º C

Aldara de 1º C trouxo a clase un formigueiro para compartir con todos nós, e nos explicou como o elaborou, como recolleu as formigas, como se alimentan...

Moi interesante, verdade?

Moitas grazas por traelo e compartir con nós a experiencia!





mércores, 15 de maio de 2013

Espantallo Amigo, 2º D

Obra de Neira Vilas representada polo alumnado de 2º D con motivo da Semana das Letras Galegas. 
Noraboa a todos eles por agasallarnos con este canto á amizade!





martes, 7 de maio de 2013

mércores, 1 de maio de 2013

Maios 2013

Noraboa a toda a comunidade educativa polo esforzo realizado, parabéns polos premios acadados e grazas por continuar con esta fermosa tradición!