luns, 29 de abril de 2013

Abril dos Libros

 Aquí tendes o video dos contacontos feitos na Semana do Libro cos nenos e nenas do 1º ciclo.

luns, 15 de abril de 2013

Hábitos saudables

Aproveitando que os nenos e nenas de 2º ides realizar un programa de radio sobre a alimentación, comparto convosco esta ligazón, que recolle información e actividades sobre os bos hábitos.


sábado, 13 de abril de 2013

Álbumes de fotos E.F.

Preme na imaxe para ver as fotografías dos nenos e nenas do 1º curso de Primaria nas clases de E.F.


A noite das mudanzas

Proximamente...



... dende o CEIP Campolongo...


                                             O FILME!!!

Ide preparando os flocos de millo!!!

Roberto Vidal Bolaño

Actividades en liña elaboradas polo Seminario Galán sobre Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado nas Letras Galegas 2013.


Nos vamos de compras

Nesta web atoparás actividades interactivas para recoñecer as moedas e os billetes,  contar cartos ou mercar con diñeiro. 

Entón, imos de compras?


O reloxo

Preme nos distintos reloxos e terás aceso a catro actividades que che servirán para repasar o que aprendeches na clase sobre as horas.









Camelilongo

Vos presento un estupendo blogue, elaborado polo noso compañeiro Nito. Aínda que é de creación recente, xa recolle unha ampla información sobre a camelia, tan vinculada ao noso cole.

Excelente traballo!

Camelilongo


luns, 8 de abril de 2013

sábado, 6 de abril de 2013

Keith Haring

Esta semana en 2º A nos achegamos á biografía e obra de Keith Haring, un artista norteamericano pertencente á xeración pop e á cultura do graffiti en Nova York. Haring empregaba figuras sinxelas como: siluetas humanas, figuras aladas, animais, nenos ou aparellos electrónicos.
Se queredes saber máis sobre este artista ou facer o voso propio Haring, aquí tendes unha páxina web moi divertida: http://www.haringkids.com/