domingo, 23 de decembro de 2012

Mascotas de 1ºA

En E.Física estamos a escoller mascotas para esta materia. Clicando na imaxe podes ver  as de 1ºA. Os que queirades participar tedes que entregarlle os debuxos á vosa mestra de E. Física (Magdalena).

Cando teñamos recollido máis faremos unha enquisa para ver cales son as máis votadas.

Vér mascotas doutros cursos.

luns, 10 de decembro de 2012

O Apalpador en 2º A


Na clase de 2º A nos achegamos á historia deste personaxe lendario da cultura galega, o Apalpador.




E así o retratamos despois...

martes, 4 de decembro de 2012

O Apalpador

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon á nosa disposición un amplo abano de recursos para traballar o Apalpador nas aulas.



Xogos sobre a auga

Preme nas imaxes e descubre máis cousas sobre a auga e o seu coidado.




mércores, 28 de novembro de 2012

Decoración para Nadal


Algunhas manualidades interesantes para facer nestas datas cos nen@s.

Premede nas imaxes para ver como se fan.

Espero que vos gusten!



                            

A auga e o solo

Videos relacionados coa unidade 4 de Coñecemento, "A auga e o solo".

Que é unha cunca hidrográfica?



Os estados da auga.



O ciclo da auga.



Como se contamina a auga?



Consellos para coidar da auga.

martes, 20 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Aquí tendes un xogo para celebrar o día de hoxe!


E tamén unha web moi interesantes con videos, contos, xogos e motísimos máis recuros para tratar este tema na aula.


luns, 19 de novembro de 2012

Cálculo mental

Un xogo de cálculo mental con tres niveis de dificultade.


Matemáticas divertidas

Unha web con multitude de actividades matemáticas!


Xogamos coas horas

Un xogo interactivo para aprender a lectura das horas.


Para sumar, restar, multiplicar e dividir.


Recursos interactivos para o Universo

Xogos...





Para saber máis sobre o Sistema Solar...


Para visualizar o movemento de rotación e translación...





As constelacións


As fases da Lúa.

Aquí tendes un video moi marchoso sobre o ciclo da Lúa.

domingo, 11 de novembro de 2012

sábado, 10 de novembro de 2012

Actividades Editorial Teide

A Editorial Teide pon á nosa disposición, na súa web, diversas actividades de reforzo en liña para o alumnado. Son globalizadas e están distribuídas por niveis e trimestres.


                                                                        1º NIVEL
 TODAS AS ACTIVIDADES
                                                                         2º NIVEL


Desculpade porque non me deixa engadir as ligazóns. A web é: http://www.editorialteide.es/

O Magosto en Campolongo

venres, 9 de novembro de 2012

Pau de chuvia

Os nenos e nenas de 2º D elaboraron estes preciosos paus de chuvia na clase de Plástica.

Velaquí o video con todo o proceso.


martes, 6 de novembro de 2012

Juegaspeque

Estás aburrid@? Tes frío e non queres saír da casiña? Pois aquí tes unha páxina con infinidade de xogos  interactivos para divertirte!!!

Preme e verás!

              JuegasPeque.com

luns, 5 de novembro de 2012

Xoga en inglés

Preme nesta imaxe e descubrirás un montón de xogos  interactivos para practicar o teu nivel de Inglés!

Esta é unha recompilacilación realizada polo CEIP Infanta Cristina de El Provencio (Cuenca)Felicitacións polo traballo compañeir@s!



Mi mundo en palabras

Unha web con xogos nos que aprenderedes motíiiiisimas palabras.

Premede na imaxe e veredes que divertido!


Aprende con Frosti

Unha páxina na que poderás practicar Matemáticas, Linguaxe, Inglés e moitas cousas máis!



Este venres, Magosto!

Aquí vos deixo dous contos e unha canción para celebra-lo Magosto.

E que vivan as castañas!!!



martes, 30 de outubro de 2012

Sistemas respiratorio e dixestivo

Na clase de Coñecemento estamos traballando sobre os sistemas respiratorio e dixestivo. Aquí tendes algúns recursos para practicar e repasar.

Premede nas imaxes!!

Vídeos...





Xogos...











Recursos Santillana

Aquí vos deixo esta web da editorial Santillana para practicar contidos de Lengua, Matemáticas, Ciencias e Inglés. Algunhas actividades precisan contrasinal, pero moitas non.

Espero que vos sirvan!



Normas de cortesía

Averigüa o teu nivel de cortesía con este xogo da Junta de Andalucía.

E lembra sempre que "a cortesía non priva a valentía".


luns, 29 de outubro de 2012

Relatos terroríficos

Aquí tendes algúns dos mellores relatos terroríficos que fixeron os alumnos e alumnas de 2º A na media hora de lectura diaria.

Ides tremer co medo...



Bodegóns de Outono

A semana pasada na clase de Plástica, o alumnado de 2º A coñeceu o estilo pictórico do bodegón. Buscamos en Google diversas imaxes e observamos que moitos deles representaban diferentes froitos, así que decicimos facer un bodegón de froitos do outono!


mércores, 24 de outubro de 2012

O aparato circulatorio

Como prometín, aquí tendes o video que puxemos hoxe na clase. 

Premede e aprendede sobre o aparato circulatorio e o corazón!!






martes, 23 de outubro de 2012

Actividades LIM sobre o Magosto e o Samaín

Comparto con tod@s vós estas actividades LIM sobre o Magosto e o Samaín para o primeiro ciclo, recompiladas polo EDL do centro.

Ide practicando que xa queda pouco!


-




-

mércores, 17 de outubro de 2012

Videos sobre o corpo humano

Aquí tendes estes tres videos sobre o corpo humano, dos cales puxemos algún anaquiño na aula. 

Premede e repasade o tema!








Recursos para o Samaín

Sitio web do CEIP Víctor Sáez, que conta cunha ampla recompilación de recursos sobre o Samaín para traballar nas aulas.

Preme na imaxe!




Hora de ler!

E hoxe nos leron Daniel e Juan de 2º A nos vinte minutos de lectura diaria. 

O conto titúlase: Cal é a miña cor? 

Escoitade e reflexionade...








Prepárate para o Samaín!

Achégase a data do Samaín, e para que non che colla de improviso aquí tes dúas páxinas webs con moitas manualidades interesantes para celebralo. 

Pincha nas imaxes e verás!





luns, 15 de outubro de 2012

xoves, 11 de outubro de 2012

O noso corpo

Queres ser un/a  verdadeir@ expert@ do corpo humano?????

Pois preme nestes xogos e aprende!!








Wassily Kandinsky

Onte na aula de 2º A nos achegamos á biografía dun pintor ruso, considerado precursor da abstración: Wassily Kandinsky.

Kandinsky sufría un trastorno dos sentidos chamado sinestesia, que lle facía ver a través da música os colores e as formas que plasmou nas súas obras.

Aquí vos deixo unha presentación que resume as súas obras máis importantes.









Visita inesperada!

Esta semana recibimos unha visita moi especial ás aulas de segundo: a EDELMIRO

Grazas a Edelmiro puidemos aprender algúns nomes dos ósos que forman o esqueleto, así como contar as costelas que temos ou tamén observar que o fémur é o óso máis longo do corpo.

Cantas cousas aprendemos!! 

Grazas e ata a próxima!!!



luns, 8 de outubro de 2012

Xogos matemáticos

Descubre esta páxina do C.E.I.P. San Rafael de Cádiz! Ten unha gran recopilación de xogos para aprender Matemáticas

Quen dixo que as Mates non eran divertidas????



Hora de ler!

Hoxe foi a quenda de Lucía, Miguel Sierra e Fabiola nos vinte minuto de lectura diaria. Nos ofreceron un anaco do conto "As minas do Rei Chang Py Ñong" de Miquel Desclot.






xoves, 4 de outubro de 2012

Todos somos Pollock

Onte na clase de Plástica, en 2º A, nos achegamos a un dos maiores referentes do expresionismo abstracto, Jackson Pollock.

A algúns lles pareceu un estilo un pouco difícil de entender, pero realmente divertido!!!

Se queres practicar a facer un Pollock preme aquí e entra.

Viva o action painting!!!



Hora de ler!

Desta vez foi David de 2º A o que nos ofreceu un anaco da lectura: "Un saco de estrelas" de Fina Casalderrey.


martes, 2 de outubro de 2012

Recursos mil!!

Navegando pola rede atopei esta páxina que recolle moitísimos recursos para Primaria, así como outras webs e portais de interese.

Espero que vos sirvan!



Recicalandia

Esta quincena @s nen@s do primeiro nivel, na clase de Educación Física, imos viaxar a RECICALANDIA!!! 


Descubriremos a importancia das 3RREDUCIRRECICLAR E REUTILIZAR

Se queredes practicar dentro da aula ou tamén na casa, aquí vos deixo estes tres carteis que podedes imprimir.

Animádevos!!!



Hora de ler!

Onte Carmen e Sofía de 2º A, nos ofreceron a lectura dun anaquiño do conto: "Que contan as ovellas para durmir" de Kiko da Silva. 

Outro voluntari@?







venres, 28 de setembro de 2012