venres, 28 de setembro de 2012

Xogos para traballar os cinco sentidos

Divírtete e demostra o que sabes sobre os cinco sentidos con estes xogos!!!

Atréveste?











Pegadas dixitais

Na aula de 2º A investigamos sobre as pegadas dixitais empregando a Galipedia. 

Despois fixemos este estupendo cartel na hora de Plástica coas nosas propias pegadas. 

A que nos quedou ben chulo?


mércores, 26 de setembro de 2012

Hora de ler!

Hoxe Larisa e Diego de 2º A ofreréronse voluntarios para ler nos vinte minutos de lectura diaria. Contáronnos un anaquiño do libro "Un desastre de bruja".

Alguén máis se apunta???







martes, 25 de setembro de 2012

Adiviñando sabores!

A semana pasada recibimos a visita dunha caixa máxica na aula de 2ºA! 

Esta caixa contiña os catro sabores que se poden percibir co sentido do gusto: ácido, amargo, salgado e doce. 


Tiñan que adiviñar a orde en que ían probando os sabores, iso sí, cos ollos pechados! 


Que emocionante!



luns, 24 de setembro de 2012

Os cinco sentidos

A semana pasada, na clase de 2º A, estivemos repasando contidos do curso anterior. Tratamos o tema dos cinco sentidos e para iso puxemos este video na pizarra dixital. 

Moito nos gustou!


Benvid@s

Benvidos a este novo curso que xa deu comezo! 

Na sociedade actual, as novas tecnoloxías son un medio de transmisión de información fundamental en tódolos ámbitos, e especialmente, á hora de difundir o vivido na escola. Deste xeito, nace o blog "Cousas de escola", que servirá para compartir as experiencias realizadas na aula con toda a comunidade educativa. Será un xeito de motivar ao alumnado así como de informar ás familias.

Grazas a tod@s por participar neste recuncho!