mércores, 30 de outubro de 2013

ALISTÁN, O DEMO OVEIRO


Preme no cartel,  para ver Alistán, o demo oveiro. Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.

mércores, 23 de outubro de 2013

APARATOS PARA A NUTRICIÓN

Repasa con este vídeo o que vimos na clase sobre a nutrición. Lembra  que non so intervén o aparato dixestivo, tamén participan o aparato respiratorio e o circulatorio




martes, 22 de outubro de 2013

A Flor Máis Grande do Mundo (José Saramago)



PREME NA IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA CURTAMETRAXE


Escribe agora ti, coas túas palabras,a historia que Saramago non foi quen de contar.

xoves, 17 de outubro de 2013

CANTOS DENTES TEMOS CANDO SOMOS ADULTOS?

Nesta imaxe tes a resposta ao INVESTIGA do TEMA 2



E CANTOS TES AGORA??????????????????

Ata os 6 ou 7 anos, a especie humana sólo posúe 20 dentes, chamada DENTICIÓN "DE LEITE", que será substituida por un total de 32 dentes na DENTICIÓN DEFINITIVA

xoves, 3 de outubro de 2013

O APARATO LOCOMOTOR HUMANO

ESTE XOGO É PARA NENOS DE 5º E 6º. PERO NEL, IMOS A VER MOI BEN COMO FUNCIONAN OS ÓSOS, AS ARTICULACIÓNS E OS MÚSCULOS PARA PODER MOVERNOS



martes, 1 de outubro de 2013

Reducir, Reutilizar e Reciclar


Neste vídeo de YouTube podemos ver de forma práctica e amena a importancia do bo uso dos obxectos que temos arredor.