sábado, 29 de marzo de 2014

Saída ós muíños do Paseo Urbano do Río Gafos


Este xoves e venres os de 2º fixeron unha saída lixeira (unha marcha con algunhas paradas) para ver os restos dos muíños que temos no paseo urbano do río "Ghafos" de Pontevedra. Un deles é o "Muíño do Meco",  neste puidemos ver algunhas partes do muíño, os burato do inferno, o pé da moa e a moa. No segundo, o "Muíño do Coto", vimos tamén os tres buratos do inferno (onde ía o rodicio), a canle, o canleiro, a biqueira Aproveitamos para ver algunhas plantas e árbores que hai nas beiras do río, como por exemplo, "O amor de home", a "Primavera", "O trompeteiro" (flor do morcego), o xigante "Alciprés".... Paramos nunha carballeira e vimos unha casa dun morcego e algunha caixa niño de paxaros. Falamos das enchentes do río.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

mércores, 15 de xaneiro de 2014

NACEMENTO DUN GOLFIÑO

SEGUIMOS A DANZAR¡¡¡

Desta vez imos a practicar unha danza que nos trouxo IRIA. Trátase dunha danza do Canadá, e chámase 
REEL ANNE MARIE

DANZAS DO MUNDO


Estes días na clase de alternativa estivemos movendo o e esqueleto con algunhas danzas do mundo.
Todo empezou cando vimos nunha lectura do libro UNHA danza típica do Ecuador, o "PASILLO":


Por se queredes aprender algunha, MARISA E NICO trouxéronnos uns cantos vídeos para que vaiades practicando...
...Ah¡ Xa me esquecía, PAULA foi a nosa mestra particular de Sirtaki.

Baile Ruso: Kalinka:

Baile Bretón (Francia):

Tango arxentino:

Danza Masai (África):

Baile grego: Sirtaki: