sábado, 22 de xuño de 2013

Nós tamén creamos

Aquí tendes a curta coa que participamos no concuro Nós tamén creamos! E aínda que non resultamos gañadores fixémolo con moita ilusión! De seguro repetiremos esta fermosa experiencia!

Moitos parabés aos gañadores!!!

CEIP Víctor López Seoane "A Escaleira", na categoría Infantil.
CEIP A Lama "A Escaleira", na categoría de Primeiro Ciclo de Primaria.
CEIP de Merza "Troco" mais o CEIP de Leirado "Ernesto bo día" pola categoría de Segundo Ciclo.


martes, 11 de xuño de 2013

LIM CAMELIA

Comparto convosco este xogo LIM sobre a camelia, elaborado polo noso compañeiro Nito. 
Noraboa polo traballo e grazas por achegarnos esta fermosa actividade!

Supermercado en 1º A

Investigación sobre as abellas en 1º A

Saída ao Centro de Interpretación de Arte Rupestre de Campo Lameiro

Xa temos unha fermosa bolboreta en 1º D!


Despedida de Uxía en 2º D

martes, 4 de xuño de 2013

Eirugas en 1º D

Aquí tendes as eirugas de 1º D que nos trouxo Juan á clase. Como podedes ver, a maior parte delas xa construiron o seu casulo. Agora toca agardar a que se convertan en fermosas bolboretas!

E por se non o sabedes, aquí en Campolongo temos unha árbore chamada moureira que ten unhas follas que serven de alimento para os vermes de seda.