Amosando publicacións coa etiqueta Plástica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 15 de xuño de 2013
Exposición de Arte Infantil e 2º A
Ver máis traballos sobre Pollock.
Ver máis traballos sobre Kandinsky.
Ver máis traballos sobre Keith Haring.
Ver máis traballos sobre Picasso.
sábado, 6 de abril de 2013
Keith Haring
Esta semana en 2º A nos achegamos á biografía e obra de Keith Haring, un artista norteamericano pertencente á xeración pop e á cultura do graffiti en Nova York. Haring empregaba figuras sinxelas como: siluetas humanas, figuras aladas, animais, nenos ou aparellos electrónicos.
Se queredes saber máis sobre este artista ou facer o voso propio Haring, aquí tendes unha páxina web moi divertida: http://www.haringkids.com/
domingo, 24 de marzo de 2013
martes, 5 de marzo de 2013
Ecocosas
Sabes cantas cousas se poden facer cunha botella?
Preme na imaxe e descúbreo, hai moitísimas ideas!!!
Preme na imaxe e descúbreo, hai moitísimas ideas!!!
venres, 8 de febreiro de 2013
O Entroido en 2º A
Despois de coñecer en Plástica unha pequena biografía de Andy Warhol e traballar algunhas das súas obras, fixemos uns antifaces de Sam, os gatiños de Warhol!
mércores, 6 de febreiro de 2013
luns, 4 de febreiro de 2013
luns, 10 de decembro de 2012
O Apalpador en 2º A
Na clase de 2º A nos achegamos á historia deste personaxe lendario da cultura galega, o Apalpador.
E así o retratamos despois...
mércores, 28 de novembro de 2012
Decoración para Nadal
Algunhas manualidades interesantes para facer nestas datas cos nen@s.
Premede nas imaxes para ver como se fan.
Espero que vos gusten!
sábado, 24 de novembro de 2012
Fases da Lúa
A partires deste video tutorial, os nenos e nenas de 2º A fixeron esta actividade para aprender as fases lunares.
E así nos quedou a nós:
venres, 9 de novembro de 2012
Pau de chuvia
Os nenos e nenas de 2º D elaboraron estes preciosos paus de chuvia na clase de Plástica.
Velaquí o video con todo o proceso.
Velaquí o video con todo o proceso.
luns, 29 de outubro de 2012
Bodegóns de Outono
mércores, 17 de outubro de 2012
Prepárate para o Samaín!
Achégase a data do Samaín, e para que non che colla de improviso aquí tes dúas páxinas webs con moitas manualidades interesantes para celebralo.
Pincha nas imaxes e verás!
xoves, 11 de outubro de 2012
Wassily Kandinsky
Onte na aula de 2º A nos achegamos á biografía dun pintor ruso, considerado precursor da abstración: Wassily Kandinsky.
Kandinsky sufría un trastorno dos sentidos chamado sinestesia, que lle facía ver a través da música os colores e as formas que plasmou nas súas obras.
Aquí vos deixo unha presentación que resume as súas obras máis importantes.
xoves, 4 de outubro de 2012
Todos somos Pollock
Onte na clase de Plástica, en 2º A, nos achegamos a un dos maiores referentes do expresionismo abstracto, Jackson Pollock.
A algúns lles pareceu un estilo un pouco difícil de entender, pero realmente divertido!!!
Se queres practicar a facer un Pollock preme aquí e entra.
Viva o action painting!!!
venres, 28 de setembro de 2012
Pegadas dixitais
Na aula de 2º A investigamos sobre as pegadas dixitais empregando a Galipedia.
Despois fixemos este estupendo cartel na hora de Plástica coas nosas propias pegadas.
A que nos quedou ben chulo?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







.jpg)